martes, 14 de octubre de 2014

O baile dos científicos

   O IRB Barcelona está composto por 450 profesioais de 35 países e todos cun obxetivo común: contribuir ao avance das Ciencias Biomédicas, co fin de mellorar a calidade de vida, mediante a aplicación deses avances, da sociedade.
   Este centro lanzou o luns, 13 de outubro, un video musical protagonizado polos científicos deste Instituto de Investigacións Cientificas.
   O obxetivo deste video e recaudar fondos para a investigación do Cancro, as Metástasis, o Alzheimer e a Diabetes.
   Neste video a parte dos científicos tamén participan cativos e maiores para explicar que os traballos de investigación repercutirán nos fármcacos e tecnoloxías disponibles nun futuro.



Premio Nobel de Química 2014

   Os investigadores estadounidenses Eric Betzig do Instituto Médico Howard Hughes, William E. Moerner, da Universidade Standford e o alemán Stefan Hell do Instituto Max Planck, recibiron o pasado 8 de outubro do 2014 o premio Nobel de Química polo seu traballo de converter o microscopio óptico nun nanoscopio.
   Os premiados lograron superar esos 0'2 micrómetros con moléculas fluorescentes e poder observar o nanomundo, é dicir, poder estudar con gran precisión obxectos que antes eran inalcanzables.

domingo, 12 de octubre de 2014

Galegas pola Ciencia

   Moitas persoas presentan doenzas nas costas, e as malas posturas ao sentárense, son unha das principais causas deste problema. Por iso, as ourensás Alba Fernández e unha compañeira súa da Aula da Tecnópole deseñaron unha cadeira intelixente que te avisa con luces cando non estás ben sentada.

   A cadeira inclúe un sinxelo circuito composto por dúas resistencias, un transistor e os correspondentes leds; polo tanto, cando te sentas ben a columna fai presión sobre o dorso e as luces apáganse, si esto non é así, as luces permanecen acesas.

   Este proxecto foi deseñado no Parque Tecnolóxico de Galicia e acadou un recoñecemento internacional en Amsterdam; o premio á idea máis innovadorada da categoría xuvenil no certame europeo de KiiCS (Concurso da Unión Europea para Xóves Científicos).

   Estas novas inventoras queren perfeccionar o seu deseño engadindo sons de alta frecuencia que alerten ás persoas cando estean mal sentados.

viernes, 10 de octubre de 2014

   Hola, son María, estou estudando 1º de bachiller no IES Praia Barraña.
   Este blog vai estar dedicado á asignatura de Ciencias do Mundo Contemporáneo neste curso 2014/2015.