domingo, 16 de noviembre de 2014

A hibernación de Philae

   Philae, como xa vos dixen na miña outra entrada, sufriu varios problemas cos seus dispositivos de propulsión e cos arpóns que deberían mantelo unido á superficie do cometa. A sonda dou tres saltos sobre o cometa e agora atópase nunha zona na que non recibe suficiente luz solar para manter cargadas as súas baterías.
   Ao non chegarlle suficiente luz, Philae, sufre unha hibernación e a maioría dos seus sistemas quedan apagados. Si o cometa, atravesa unha zona na que os paneis de Philae reciban suficiente luz solar, podería, así, volver a activarse e continuar o seu traballo.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

O novo fogar de Philae


   A sonda espacial Rosetta da Axencia Espacial Europea, despois de viaxar 6.550 millóns de km durante 10 anos polo sistema solar, chegou a órbita do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.

   Rosetta foi lanzada o 2 de marzo de 2004 para orbitar ao redor do cometa 67P e hoxe, 12 de novembro de 2014 ás 9:35 horas achegouse a 22’5 km da súa superficie enviando un aterrizador chamado Philae, tanto un como a outra van provistos de diferentes instrumentos que servirán aos científicos para tratar de entender de onde proveñen os orgánicos da terra, a auga e a formación da vida.
   Philae coa súa antena emite información que o seu instrumental recolle no cometa e pásalla a Rosetta,  esta coa súa antena máis potente envíaa Terra. A información tarda en chegar 28 minutos.
   “O que máis desexo e que se descubra a molécula da orixe da vida na Terra” declarou no centro de control Roger Bonnet, que era o director científico da Axencia Espacial Europea no momento que se iniciou a misión Rosetta.
   Hoxe ás 10:05 da mañán, hora española, a sonda Philae separouse totalmente da sonda nai Rosetta e voaba soa cara ó cometa 67P. 
  
   Estas son as primeiras imaxes tomadas do cometa 67P hoxe ás 11:39 horas.
   Ás 12:06 horas, Philae da sinais de vida e dende a Axencia Espacial Europea indicar estar moi contentos. Philae e Rosetta atópanse onde eles pretendían que estivesen.
   O equipo do centro de control espacial alemán, son os que controlan as ondas, analizaron os primeiros datos transmitidos por Philae e din “Todo é nominal  neste momento”. Nominal, na xerga do sector espacial, significa que todo vai como tiñan programado.

   Imáxes da sonda Philae tomadas dende Rosseta ás 16:25 un                   cuarenta minutos da súa aterraxee.               
  Porfin, ás 17:04, hora da terra, Philae está pousada na superficie do cometa 67P, 28 minutos despois de que o fixera realmente.

   As primeiras palabras do director de  voo. Andrea Accomazzo, tras a aterraxe foron: “Vimos a sonda sentada sobre as patas!”
   E ás 17:11 horas: “Temos telemetría, Philae estanos falando!” , añade Stefan Ulamec.

   Como os científicos non saben canto tempo pode durar Philae porque descoñecen as condicións ás que estará sometida, durante os próximos tres días, traballarán a destaxo. De todos os xeitos, pensan que a sonda pode resistir ,polo menos, ata marzo de 2015.
   Agora Philae xa se comunica con todos nós a través de Twitter:
     @Philae2014
Cheguei! A miña nova dirección: 67P! #CometLanding
   Despois das primeiras análises os arpóns de Philae non se activaron na superficie xeada do cometa, aterrou enriba dunha rocha e só está suxeito con tornillos.  O perigo de non ter os arpóns despregados é que o cometa ao non ter gravidade a sonda pode desprenderse del.
   Os dez instrumentos que a sonda ten permitirán analizar a composición química do cometa 67P e a súa estructura interna, ademáis de enviar fotos da súa superficie. Os datos deberían aclarar si os cometas trouxeron a auga dos océanos e as materias primas da vida na terra nos primeiros tempos do sistema solar.


viernes, 7 de noviembre de 2014

Fantasmas de laboratorio!!

   Na Escola Politécnica Federal de Lausana, en Suiza, conseguiron reproducir a sensación dunha presenza extrana. Este equipo creou un robot que enviaba unhas señais ao cerebro creando unha sensación de presencia extrana.
   Levaron a cabo a proba deste experimento cunha serie de voluntarios aos cales lles vendaron os ollos e, coa axuda de dito robot, conseguiron recrear a ilusión fantasmal.
   Os investigadores comprobaron que estas sensacións son o resultado dos sinais cerebrales sensomotoras e que o seu experimento logrou reproducir a presenza extrana no laboratorio.
   Este estudio permitirá coñecer máis a fondo o funcionamento do cerebro en certas ocasións. E é un avance para a análise da Esquizofrenia, enfermidade mental sufrida por moitas personas.

Un cohete da NASA explota no seu lanzamento

   O pasado Martes, 28 de outubro nas instalacións da NASA na Isla Wallops, Virginia, con carga para a Estación Espacial Internacional (ISS), o cohete Antanes explotou.
   A NASA informou que dita explosión prodúxose seis segundos despois do lanzamaento por causas descoñecidas pero aclarando que o cohete non estaba tripulado.
   O vicepresidente da compañía, Frank Culbertson comprometeuse a traballar con Orbital Sciences para averiguar as cosecuencias do fracaso desta misión.