miércoles, 25 de febrero de 2015

A marihuana é menos perigosa que o alcohol ou o tabaco


O toxicólogo Drik W.Lachenmeier, do Laboratorio de investigación Química e Veterinaria de Karlsruhe en Alemania, fixo un estudo no que asegura que consumir marihuana é 114 veces máis seguro para a nosa saude que tomar alcohol. A investigación determinou que o alcohol é unha dorga máis perigosa, polo menos si se trata das posibilidades de morrer por unha dosis letal.
   Para chegar a esta conclusión os investigadores seleccionaron varia sustancias e comparounas para examinar a súa perigosidade. Despois, calcularon o risco de mortalidade das diferentes sustancias.
   O listado quedou liderado polo alcohol, seguido pola heroína, a cocaína, o tabaco, o éxtasis,a metanfetamina e marihuana.


martes, 24 de febrero de 2015

Microscopio con máis resolución do mundo


O fabricante tecnolóxico xaponés ,Hitachi, creou o microscopio con máis resolución do mundo, basado na transmisión de electróns e é capaz de realizar observacións de nivel atómico, según afirmou o pasado 20 de febreiro.
O microscopio electrónico de transmisión (MET) é capaz de ofrecer unha resolución de 43 picómetros.
O aparato, alcanza a resolución, grazas a unha gran concentración de electróns a través de cables e circuitos deseñados para esta tarefa.

martes, 17 de febrero de 2015

¿Un material que repele a auga?

Uns investigadores da Universidade de Rochester nos Estados Unidos conseguiron crean un novo material que é capaz de repeler a auga, as gotas rebotan sobre a súa superficie. Este novo material está inspirado nas follas dunha planta carnívora.
O material repele a auga con tanta forza que esta rebota. Despois volve caer sobre a superficie e sae dela deslizándose, esto explícao o coautor do estudio Chunlei Guo.




Nube Marciana

O pasado Luns a revista Nature publicou unha investigación trala observación dun fenómeno extrano na atmósfera marciana.
En marzo de 2012 púdose ver durante dez días e volveuse ver en abril, trátase dunha nube que alcanza a altura duns 250 kilómetros por encima do chan de Marte cando o normal e que as nubes estén uns 100 kilómetros por enriba do chan.
Outra das características relevantes desta extrana nube e que solo pode verse ao mencer. Os astrofísicos que tratan de dar unha explicación a esta observación, como o científico do CSIC Ángel López Valverde, del Instituto de Astrofísica de Andalucía e coautor deste estudio, dí que teñen moitas teorías pero nelas sempre hai algo que non encaixa.