Philae, como xa vos dixen na miña outra entrada, sufriu varios problemas cos seus dispositivos de propulsión e cos arpóns que deberían mantelo unido á superficie do cometa. A sonda dou tres saltos sobre o cometa e agora atópase nunha zona na que non recibe suficiente luz solar para manter cargadas as súas baterías.
Ao non chegarlle suficiente luz, Philae, sufre unha hibernación e a maioría dos seus sistemas quedan apagados. Si o cometa, atravesa unha zona na que os paneis de Philae reciban suficiente luz solar, podería, así, volver a activarse e continuar o seu traballo.
Moi boa entrada pero fáltanlle as ligazóns.
ResponderEliminar