A sonda espacial Rosetta da Axencia Espacial Europea,
despois de viaxar 6.550 millóns de km durante 10 anos polo sistema solar,
chegou a órbita do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.
Rosetta foi lanzada o 2 de marzo de 2004 para orbitar ao redor do cometa 67P e hoxe, 12 de novembro de 2014 ás 9:35 horas achegouse a 22’5 km da súa superficie enviando un aterrizador chamado Philae, tanto un como a outra van provistos de diferentes instrumentos que servirán aos científicos para tratar de entender de onde proveñen os orgánicos da terra, a auga e a formación da vida.
Philae coa súa antena emite información que o seu
instrumental recolle no cometa e pásalla a Rosetta, esta coa súa antena máis potente envíaa Terra.
A información tarda en chegar 28 minutos.
“O que máis desexo e
que se descubra a molécula da orixe da vida na Terra” declarou no centro de
control Roger Bonnet, que era o director científico da Axencia Espacial Europea
no momento que se iniciou a misión Rosetta.
Hoxe ás 10:05 da mañán, hora española, a sonda Philae separouse
totalmente da sonda nai Rosetta e voaba soa cara ó cometa 67P.
Estas son as primeiras imaxes tomadas do cometa 67P hoxe ás
11:39 horas.
Ás 12:06 horas, Philae da sinais de vida e dende a Axencia
Espacial Europea indicar estar moi contentos. Philae e Rosetta atópanse onde
eles pretendían que estivesen.
O equipo do centro de control espacial alemán, son os que
controlan as ondas, analizaron os primeiros datos transmitidos por Philae e din
“Todo é nominal neste momento”. Nominal, na xerga do
sector espacial, significa que todo vai como tiñan programado.
Imáxes da sonda
Philae tomadas dende Rosseta ás 16:25 un cuarenta minutos da súa aterraxee.
Porfin, ás 17:04, hora da terra, Philae está pousada na
superficie do cometa 67P, 28 minutos despois de que o fixera realmente.
As primeiras palabras do director de voo. Andrea Accomazzo, tras a aterraxe foron:
“Vimos a sonda sentada sobre as patas!”
E ás 17:11 horas: “Temos
telemetría, Philae estanos falando!” , añade Stefan Ulamec.
Como os científicos non saben canto tempo pode durar Philae
porque descoñecen as condicións ás que estará sometida, durante os próximos
tres días, traballarán a destaxo. De todos os xeitos, pensan que a sonda pode
resistir ,polo menos, ata marzo de 2015.
Agora Philae xa se comunica con todos nós a través de
Twitter:
@Philae2014
Cheguei! A miña nova
dirección: 67P! #CometLanding
Despois das primeiras análises os arpóns de Philae non se
activaron na superficie xeada do cometa, aterrou enriba dunha rocha e só está
suxeito con tornillos. O perigo de non
ter os arpóns despregados é que o cometa ao non ter gravidade a sonda pode
desprenderse del.
Os dez instrumentos que a sonda ten permitirán analizar a
composición química do cometa 67P e a súa estructura interna, ademáis de enviar
fotos da súa superficie. Os datos deberían aclarar si os cometas trouxeron a
auga dos océanos e as materias primas da vida na terra nos primeiros tempos do
sistema solar.
Excelente entrada, cun título moi atraente, aíndaque lle falten ligazóns. Segue así.
ResponderEliminarExcelente entrada, cunha información moi relevante e un título moi atraente. Segue así.
ResponderEliminar